viernes, 18 de abril de 2008

xogo do 100 (4 xogadores, 2 equipos de 2 xogadores)


Cada equipo alternativamente lanza un dado 4 veces e anota os resultados.
Cada equipo tacha todos os números do taboleiro que poidera obter enlazando os números obtidos mediante 3 operacións (pódese utilizar +,-,·,:)
Por exemplo
(3·3)+(2·5)=19
(3 + 3 + 2) · 5 = 40
(3 · 5) - (3 · 2) = 9
(3 · 2 · 5) : 3 = 10
(5 - 2) · 3 · 3 = 27
Gana o equipo que tachou máis números

jueves, 10 de abril de 2008

Os números


Un número é unha entidade abstracta que representa unha cantidade. O símbolo dun número recibe o nome de numeral, mentres que cada un dos signos que conforman o numeral recibe o nome de algarismo. Podemos falar así de algarismos arábigos (0,1,...,9), algarismos romanos (I,V,X,C,D,M), etc.
Os números úsanse con moita frecuencia na vida diaria tamén como etiquetas (números de
teléfono, numeración de estradas), como indicadores de orde (números de serie), como códigos (ISBN), etc.
Na
Matemática, a definición de número esténdese a partir dos números naturais para incluír abstraccións tales como números negativos, fraccionarios, irracionais, transcendentes e complexos, como se aprecia na seguinte táboa:
NOME
SÍMBOLO
EXEMPLOS
NATURAIS
1, 2, 3, 4,...
ENTEIROS
1, -1, 2, -2, 3, -3,...
RACIONAIS
1, 1/2, 4/3, -1/4,...
IRRACIONAIS
número e, número pi,
REAIS
1, 1/2,
COMPLEXOS
onde
Alén destes números habitualmente estudados en primaria e secundaria, hai algunhas álxebras que se corresponden con estruturas numéricas nas que se combinan máis dimensións (igual que pódese interpretar coma un plano no que se poden multiplicar os seus puntos). Trátase, por exemplo, dos
cuaternións (), os octonións () e os sedenións (), que terían unha correspondencia cos espazos , e dotados cun produto entre os seus elementos. Este tipo de construcións reciben o nome de números hipercomplexos.




Hoxe comezo co blogger para matemáticas, e como podedes ver a primeira entrada é a definición e o tipo de números que pode haber.

Subirei sempre que poida e todo o que escriba estará relacionado con esta asignatura.



Un bico a tod@s aqueles que se pasen por aquí



Deixo aqui 3 páxinas de matemáticas que están bastante ben